20 de novembro de 2010

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (V).

As calurosas polémicas suscitadas polo meu articulo déronlle unha grande repercusión. As miñas teses congregaron a un bo número de partidarios, o que se explica polo feito de que a solución que propoñía deixaba libre curso á imaxinación. O espíritu humano é moi proclive ás grandiosas concepcións de seres sobrenaturais. E o mar é precisamente o seu mellor vehículo, o único medio no que poden producirse e desenvolverse eses xigantes, ante os que os maiores dos animais terrestres, elefantes ou rinocerontes, non son máis que uns ananos. As masas líquidas transportan as maiores especies coñecidas de mamiferos, e quizá ocultan moluscos de tamaños incomparables e crustáceos terroríficos, como poderían ser langostas de cen metros ou cangrexos de duascentas toneladas.

Por qué non? Antigamente, os animais terrestres, contemporáneos das épocas xeolóxicas, os cadrúpedos, os catrománs, os reptís, os paxaros, alcanzaban unhas proporcións xigantescas. O Creador os tivera lanzado a un molde colosal que o tempo foi reducindo pouco a pouco. Por qué o mar, nas súas ignoradas profundidades, non tivera podido conservar esas grandes mostras da vida doutra idade, posto que non cambia nunca, ao contrario que o núcleo terrestre sometido a un cambio incesante? Por qué non podería conservar o mar en su seno as últimas variedades de aquelas especies titánicas, cuxos anos son séculos e os séculos milenios?

Mais estou deixándome levar por pantasmagorías que non me é posible xa sustentar. Basta xa de estas quimeras que o tempo transformou para min en realidades terribles! O repito, a opinión quedou fixada no que se refire á natureza do fenómeno e o público admitiu sen máis discusión a existencia dun ser prodixioso que non tiña nada en común coas fabulosas serpentes de mar.

Mais fronte aos que viron nisto un problema puramente científico por resolver, outros, máis positivos, sobre todo en América e en Inglaterra, preocupáronse de purgar ao océano do temible monstro, a fin de asegurar as comunicacións marítimas. As publicacións especializadas en temas industriais e comerciais trataron a cuestión principalmente dende este punto de vista. A Shippenx and Mercantile Gazette, o Lloyd, o Paquebot, A Revue Maritime et Coloniale, todas as publicacións periódicas nas que estaban representados os intereses das compañías de seguros, que ameazaban xa coa suba das tarifas das súas pólizas, coincidiron nese punto.

Xa pronunciada a opinión pública, foron os Estados da Unión os primeiros en decidirse a tomar medidas prácticas. En New York fixeron preparativos para emprender unha expedición en persecución do narval. Unha fragata moi rápida, a Abraham Lincoln, foi equipada para facerse ao mar coa maior brevidade. Abríronse os arsenais ao comandante Farragut, quen acelerou o armamento da súa fragata.

Mais como acostuma acontecer, bastou que se tivera tomado a decisión de perseguir ao monstro para que este non reaparecera máis. Ninguén volveu escoitar falar del durante dous meses. Ningún barco atopouno no seu derroteiro. Se podía dicir que o unicornio coñecía a conspiración que se estaba tramando contra el. Se tivera falado tanto del e ata polo cable transatlántico! Os bromistas pretendían que o astuto monstro tivera interceptado ao paso algún telegrama a el referido e que obraba en consecuencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.