27 de novembro de 2010

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (VI).

Nestas circunstancias, non se sabía onde dirixir a fragata, armada para unha larga campaña e provista de formidables aparellos de pesca. A impaciencia crecía cando, o 3 de xullo, avisaron de que un vapor da liña de San Francisco a Shangai voltara a ver ao animal tres semanas antes, nos mares septentrionais do Pacífico.
Grande foi a emoción causada pola nova. Non se concederon nin vinte e catro horas de prazo ao comandante Farragut. Os seus víveres estaban a bordo. Os seus pañois desbordaban de carbón. A tripulación contratada estaba ao completo. Non tivera máis que acender o lume, quentar e saír. Non se lle perdoaría unha media xornada de retraso. O comandante Farragut non desexaba outra cosa que partir.
Tres horas antes de que o Abraham Lincoln zarpase do peirao de Brooklyn, recibín unha carta redactada nestes términos:
«Sr. Aronnax,
Profesor do Museo de París.
Fifth Avenue Hotel,
New York.
Estimado señor: Se desexa vostede unirse á expedición do Abraham Lincoln, o goberno da Unión vería con agrado que Francia estivese representada por vostede nesta empresa. O comandante Farragut ten un camarote ao seu dispor.
Moi cordialmente saúda
J. B. Hobson,
Secretario da Mariña.»

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.