9 de novembro de 2010

Oito anos do Prestige

Neste mes cúmprense oito anos do afundimento do Prestige.

O 13 de novembro de 2002 o barco sufría un temporal que provocou unha vía de auga. O 19 de novembro, tras tentar afastalo da costa, partiuse en dúas partes, afundíndose a case 4.000 metros. O petroleiro, que estaba nese momento a uns 250 quilómetros da costa galega, provocou as primeiras manchas negras na costa.

A parte afectada da costa non só tiña gran importancia ecolóxicas senón tamén unha notable industria pesqueira. O 2 de xaneiro de 2003, as manchas de combustible estaban a 50 quilómetros da costa. Posteriormente, alcanzaron a terra, orixinando un desastre ecolóxico de grandes proporcións.

Desde o desastre, os petroleiros similares ao Prestige foron apartados da costa francesa e española. A comisaria europea de transporte, a española Loyola de Palacio, prohibiu en toda a UE dos petroleiros monocasco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.