22 de novembro de 2010

Palestra era o nome orixinal do Palmeiras

O coñecido Palmeiras, club de fútbol de Sao Paulo, tivo como nome orixinal o de Palestra. A comezos do século XX, mozos italianos decidiron fundar o club co principal obxectivo de formar un equipo de fútbol que representase á enorme colonia italiana ante os equipos da elite paulista. Había pouco máis de tres décadas que Italia se reunificara, feito que non quedou moi claro para a inmensa maioría dos que xa estaban aquí.

Existían diversos clubs de italianos, pero cada un representaba unha provincia italiana ou se destinaban a outras actividades distintas ao fútbol, entón incipiente, pero que contaba con moitos practicantes e admiradores.

Tras algunhas reunións, o 26 de agosto de 1914, no Salón Alambra, fundouse un club deportivo para todos os italianos, o cal se nomeou Palestra Italia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.