28 de decembro de 2010

Do Matrimonio

Altamira falou e dixo:
- Que tes que dicirnos do Matrimonio, Mestre?

E esta foi a resposta:
- Nacísteis xuntos e xuntos permaneceredes para sempre. Aínda que as brancas ás da morte dispersen os vosos días.

Xuntos estaredes na memoria silenciosa de Deus. Mais deixade que na vosa unión crezan os espazos. E deixade que os ventos do ceo dancen entre vós.

Amádevos un a outro, mais non fagades do amor unha prisión. mellor é que sexa un mar que se mestura entre as beiras da vosa alma.

Enchédevos mutuamente as copas, pero non bebades só nunha. Compartide o voso pan, mais non comades da mesma hogaza.

Cantade e bailade xuntos, alegrádevos, pero que cada un de vós conserve a soidade para retirarse a ela ás veces.

Até as cordas do Laud están separadas, aínda que vibren coa mesma música.

Ofrecede o voso corazón, pero non que se apropien del. Porque só a man da Vida pode conter os vosos corazóns.

E permanecede xuntos, mais non demasiado xuntos: porque os alicerces sosteñen o templo, pero están separados. E nin o carballo nin o ciprés crecen o un á sombra do outro.

Da obra "O Profeta" de Kalil Gibrán

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.