6 de febreiro de 2011

CANDIDO PAZó RECORRE AO RECORDO COLECTIVO PARA INTERPRETAR AS MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Non é unha adaptación ao pé da letra, senón máis ben "un monólogo escénico-narrativo baseado nas memorias dun neno labrego desde a miña propia memoria e desde a memoria colectiva" explica Cándido Pazó. Por íso, o seu último espectáculo chámase "Memoria das Memorias dun Neno Labrego", co que se suma ás múltiples actividades celebración do cincuenta aniversario da primeira publicación da obra. Fiel ao seu estilo, Pazó incorpora sentimentos anécdotas e recordos de varias xeracións arredor da famosa novela, que adereza con música e, por primeira vez, proxeccións audiovisuais. O resultado poderá verse a partir de mañá no Salón Teatro de Santiago (venres e sábado ás 20:30 horas, domingo ás 18:00 horas).

Mais info

Ningún comentario:

Publicar un comentario