21 de febreiro de 2011

Día Internacional da Lingua Materna

O Día Internacional da Lingua Materna, foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999. Anualmente, desde febreiro de 2000, esta data é observada co obxectivo de promover o multilingüismo e a diversidade cultural.

As linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento do noso patrimonio cultural tanxible e intangible. Toda iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá non só para incentivar a diversidade lingüística e a educación multilingüe, senón tamén para crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e inspirar á solidariedade baseada no entendemento, a tolerancia e o diálogo.

A maioría, dende que nace ata que morre, fala a mesma lingua: a que aprendeu de pequeno, a que falan os nosos pais e os nosos avós.

Con todo, moitas persoas en todo o mundo falan idiomas que están en perigo de desaparición; co cal terán que aprender unha nova lingua para poder desenvolver as súas actividades cotiás - estudar, traballar, etc.- e só poderán falar o seu idioma materno cos seus pais e avós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.