10 de febreiro de 2011

Leonardo da Vinci

Empezamos hoxe cun novo tema.., os aforismos de Leonardo da Vinci.

Leonardo da Vinci, nado en Vinci o 15 de abril de 1452 e finado o 2 de maio de 1519, foi un pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico e escultor do Renacemento italiano. Está considerado por moitos como o arquetipo do Home do Renacemento. É o autor dun sonado cuadro, intitulado Mona Lisa ou A Gioconda.

A pegada de Leonardo na historia da arte europea é bastante profunda. Algunhas técnicas desenvolvidas por el, destacadamente o esfummato e o clarescuro, tornáronse unha regra para a pintura dos séculos vindeiros.

No ano 2008, foi elixido nunha enquisa elaborada co motivo da celebración do Día de Europa en 50 países europeos o personaxe máis influente da sociedade europea actual.

Máis info

Nos nesta páxina imos ir recollendo a súa colección de aforismos, que son pensamentos soltos que iba anotando.

1.- Considerando que non podía atopar unha materia de gran utilidade ou agrado, posto que os homes nados antes que eu tomaran para si todos os temas útiles e necesarios, farei como o que, por mor da súa pobreza, chega o último á feira e, non podendo fornecerse doutro xeito, compra cousas xa vistas polos outros e refugadas por eles por mor do seu escaso valor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.