7 de marzo de 2011

Entroido IV

CADA PARROQUIA CO SEU ENTROIDO. AS RIVALIDADES DE XENIALIDADE.

Galicia recuperou con forza na derradeira década o máis enxebre dos Entroidos, noutrora perseguido, incluso reducido a xornadas de "adoración nocturna". Tamén houbo mal gosto e violencia nunha e noutra parte. Caracterizado agora pola variedade, as rivalidades na xenialidade, diferencias aínda tribais, case castrexas, pola inxenuidade, pola tradición, a leria e a retranca, polo significado solidario dunha mesa, onde campa a cachucha orlada dunha restra de androias ou chourizos e o ramo floral dos grelos..."facendo guardia" as cuncas de louza cos viños necesarios.

Nas ribeiras do Miño, en Terras de Chantada, Ribeira Sagrada, coñecida así dende o medievo polos seus mosteiros románicos tamén se celebra o Entroido, son os "Volantes" de traxe amplo, raiado, elegante, multicolor como os florentinos das xustas do "Palio", polainas nas pernas, cinguido á cintura o gastado correaxe con ducias de tintineantes esquilas, un deles leva sobre a testa un xigantesco culeiro recuberto de cintas, cheo de monecos... un ancestral símbolo pagán da fartura e a fecundidade. No Entroido galego hai moito de etnoarqueoloxía que no seu estudio remítenos ás raiceiras.

En terras del Ulla de Merza, Ribadulla, Silleda saen os "Xerais", ataviados con vellos traxes militares, charreteras e bocamangas napoleónicas, casacas das "guerras dos avós", quizais atopadas nas arcas dos faiados. Máscara que monta a cabalo, que brande unha espada e se toca dun gorro, con acenos mecánicos de marioneta pronunciando desafíos e sermóns coa mesma cantinela... como noutrora os "Felos" de terras de Garabás e Maside que acudían á praza maior do Carballiño en comparsa militar de trepar de cabalos, xinetes cos seus relucentes uniformes recubertos de cintas multicolores e espelliños de luz...O "Irrio" ancestral e feo coma un demo en Castro Caldelas, os "Gamanchiños" endiañados e chegados ao noso tempo dende as festas gremiais medievais, en Betanzos, as "Sábanas" de Viveiro, onde mozos e vellos, toda a vila se viste de branco e de turbante...para sair á praza e ás rúas, como os "Choqueiros" coruñeses da calle da Torre...e o enterro do Loro Ravachol que pon fín ao Entroido pontevedrés, como o enterro do "Bacallau" en Tui, do "Mexilón" en Aldán y en Redondela o "Mono Paco"...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.