31 de maio de 2011

La Regenta

O pasado sábado finaba na Coruña aos 71 anos o Padre Córdoba (Leandro Córdoba Merino), relixioso dominico que foi profesor de todos os fundadores da Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra e de moitos socios posteriores.

Na súa lembranza traemos aqui unha das obras que él recomendaba: La Regenta.

Este libro é a obra mestra de Leopoldo Alas, Clarín, e unha das novelas máis importantes da literatura española. Retrátase en toda a súa complexidade unha cidade de provincias, chamada Vetusta (nome tras o que se agocha Oviedo), e na que queda representada a sociedade española da Restauración. Clarín somete a crítica a todos os estamentos da cidade: a aristocracia decadente, o clero corrupto, as damas hipócritas, os partidos políticos...

Descarga o libro

30 de maio de 2011

29 de maio de 2011

O futuro dos editores

Fernando Vallejo, autor de La Virgen de los sicarios di sobre os editores:

Cando se difunda en serio o libro electrónico esta profesión tan honorable que empezou algo despois de Gütenberg hai 500 anos vai quedar mais discontinuada que a de reloxeiro ou deshollinador

28 de maio de 2011

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XXIV).

Tres hurras acolleron a orde. Soara a hora do combate. Uns instantes despois, as dúas chemineas da fragata vomitaban torrentes de fume negro e a ponte movíase coa trepidación das caldeiras.
Impelido cara a adiante pola súa potente hélice, o Abraham Lincoln dirixiuse frontalmente cara ao animal. Este deixoulle aproximarse, indiferente, até medio cable de distancia, tras o cal afastouse sen présa, limitándose a manter a súa distancia sen tomarse a molestia de mergullarse.
A persecución prolongouse así durante tres cuartos de hora, aproximadamente, sen que a fragata conseguise gañarlle ao cetáceo máis de dúas toesas. Era evidente que con esa marcha a fragata non lle alcanzaría nunca.
O comandante Farragut mesabase con rabia a súa frondosa perilla.
- Ned Land! -gritou.
Acudiu á orde o canadense.
- Aconséllame aínda que bote aos meus botes ao mar?
- Non, señor -respondeu Ned Land-, pois esa besta non se deixará atrapar se non quere.
- Que facer entón?
- Forzar as máquinas se é posible. Se vostede permítemo, eu vou instalarme e se conseguimos achegarnos a tiro de arpón, cazareino.
- Dacordo, Ned, fágao -respondeu o comandante Farragut-. Enxeñeiro -gritou-, aumente a presión!
Ned Land dirixiuse ao seu posto. Forzáronse as máquinas. A hélice comezou a virar a corenta e tres revolucións por minuto. O vapor escapábase polas válvulas. Lanzada á carreira, comprobouse que o Abraham Líncoln alcanzara unha velocidade de dezaoito millas e cinco décimas por hora.
Pero o maldito animal corría tamén a dezaoito millas e cinco décimas por hora.
Durante unha hora aínda, a fragata mantívose a esa velocidade, sen conseguir gañarlle unha toesa ao animal, o que era particularmente humillante para un dos máis rápidos navíos da mariña norteamericana. Unha ira xorda embargou á tripulación, que inxuriaba ao monstro, sen que este se dignara responder. O comandante Farragut non se retorcía xa a perilla, comíala.
O enxeñeiro viuse convocado de novo.
- Chegou vostede ao máximo de presión? -preguntoulle o comandante.
- Si, señor -respondeu o enxeñeiro.
- E están cargadas as válvulas?
- A seis atmosferas e media.
- Pois cárgueas a dez atmosferas.
Unha orde ben norteamericana, certamente. Non se chegou máis aló no Mississippi nas competicións de velocidade a que se entregan os vapores fluviais.

27 de maio de 2011

Feira do libro antigo en Compostela

Mañá sábado comeza a XX feira do libro antigo e de ocasión de Santiago de Compostela, que este ano ofrecerá cincuenta mil exemplares aos afeccionados e outros materiais impresos, entre eles unha biblia incunable do ano 1500.

A feira contará con dez librerías provenientes de Galicia, Castela e León, Madrid e Valencia, que ocuparán 72 metros cadrados para expor libros e materiais impresos de gran valor histórico, segundo informa a Federación de Libreiros de Galicia nun comunicado.

Mais

26 de maio de 2011

As Librerias

Escribía Juan Cruz en El Pais:
A librería é un centro cultural. En moitos lugares son os únicos centros que serven de altofalantes das inquietudes da sociedade á que sirven.
Noutrora, en España, as librerías tiveron tanta importancia social (e política) que resultaron obxecto do odio dos que veían na cultura unha ameaza.

25 de maio de 2011

Orsai revista


¡Hola a todos, os traigo una maravillosa revista literaria internacional! ...

Lo siento, se que hoy no están de moda, y que si aún tienen lectores, estos serán encasillados de culturetas y por lo tanto tíos raros, pero...pero nada, a fin de cuentas eso es cierto, y como este blog es literario, al menos así a mí me lo han dicho, aquel que entra ya debe de saber que ha salido medio rana, por lo tanto estamos en familia.

Pero tampoco es una revista cualquiera, no, claro que no.En este caso la originalidad de esta revista aparte de un nombre curioso (órsay significa fuera de lugar,o fuera de juego) es que se distribuye sin intermediario (nadie en el medio), no tiene publicidad, y se puede leer gratis en internet,móvil y ebook.

Aparte de eso la calidad de sus escritos y escritores, que se alternan cada número, es muy de elogiar.

Ya han pasado en sus tan solo dos números de vida (sale cada tres meses) personalidades como el argentino y niño prodigio de la literatura Gonzalo Garcés, el famoso abogado español David Bravo, Abelardo Castillo grande de la literatura argentina, el peruano Santiago Roncagliolo, el coruñés Agustin Fernandez Mallo autor de la afamada trilogía Nocilla, el ensayista y guionista inglés Nick Hornby o el mexicano Juan Villoro,hijo del filosófo Luis Villoro.

Pero no solo hay espacio para las letras ,sinó que también lo hay para las artes gráficas, ya que cada artículo va adornado con dibujos o fotogragías de un ilustrador distinto que a cada escrito da su propia visión por medio de su arte, enriquenciendo con ello la experiencia lectora.

Doscientas diez páginas que nacen como un proyecto sin (excesivo) ánimo de lucro, recordemos que no tiene publicidad, y según su editor y padre del proyecto Hernán Casciari, como un intento de regreso a esa revista literaria de calidad de antaño, donde se daban a conocer nuevas figuras y se consagraban las antiguas.

El precio de la revista es el equivalente a los quince periódicos sabáticos con más tirada de cada país, siendo en España 16 euros.
La compra se hacía hasta ahora adquiriendo un pack de diez revistas por ciento veintiocho euros más gastos de envío,pudiendo luego el comprador venderlas cada una por dieciseis, sacando una ganancia de en torno a un veinte por ciento.De manera que no es tanto que no haya intermediario, sino que éste puede ser cualquiera.

Escribiendo esto recojo noticias de que la distribución cambia para el próximo número, como no quiero dar mucho la lata con este tema copio y pego de la página oficial:

* Un solo ejemplar: costará el precio sugerido, más 3 euros de gastos de envío.
* Tres ejemplares: costarán el precio sugerido, pero el envío será gratis.
* Doce ejemplares: habrá un 30% de descuento sobre el precio sugerido, y sin gastos de envío para el distribuidor.

Los precios sugeridos son: 12 euros en Latinoamérica, 16 en España y 18 en el resto del mundo.


Yo tengo el segundo número en formato físico, el primero lo leí por internet.Podría haber hecho lo mismo ahora, y mucha gente partidaria de la criminalización de las descargas tanto legales como ilegales lo pensaría.Pero desconocen que a mí me gusta degustar el olor de las páginas, quedarme dormido con un libro abierto en la cara o llevarlo en la mano por ahí de paseo. Vale, no tenían por qué saber todo esto, pero ya lo saben.

Añadir que Hernán Casciari, argentino radicado en Barcelona, publicó varios exitosos libros antes de colaborar con La Nación (centenario periódico argentino) y El País, y antes de dejarlos a ambos para dedicarse de lleno a Orsai.Lo cual le agradezco.

24 de maio de 2011

Entrelectores

Hoxe traemos a recomendación do espazo entrelectores, que se considera "unha rede social de recomendación de libros"

Aínda está en fase beta, e o equipo dos seus promotores está formado por varias empresas con experiencia no sector editorial e internet.

Entrelectores 

22 de maio de 2011

VII Premio Biblos

O escritor lugués Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946) será o titor do Premio Biblos-Pazos de Galicia, do que acaban de ser declarados finalistas Iria Morgade Valcárcel, de Poio (Pontevedra), Andrés Carrasco Solla, de Pontevedra, e Iria Ameixeiras Cundíns, de Baio-Zas (A Coruña).

O xurado deste galardón de novela, destinado a autores menores de 25 anos, estará formado, ademais do titor, pola gañadora da anterior edición, Elena Veiga, e mais Tucho Calvo. Os escritores finalistas deberán presentar agora, antes do 13 de xullo, unha versión o máis elaborada posible dos seus respectivos proxectos, cunha extensión non superios aos 150 folios. A resolución do premio terá lugar en xullo na tradicional cea da Casa Grande do Bachao na semana previa á do Día da Patria Galega.

21 de maio de 2011

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XXIII).

Permanecemos alertas até a alba. Iniciáronse os preparativos de combate. Dispuxéronse os aparellos de pesca ao longo das bordas. O segundo de a bordo fixo cargar as pezas que lanzan un arpón a unha distancia dunha milla e as que disparan balas explosivas cuxas feridas son mortais até para os máis poderosos animais. Ned Land limitouse a aguzar o seu arpón, que nas súas mans convertírase nunha arma terrible.
Ás seis comezou a despuntar o día, e coas primeiras luces do alba desapareceu o resplandor eléctrico do narval. Ás sete era xa de día, pero unha bruma matinal moi espesa, impenetrable para os mellores catalexos, limitaba considerablemente o horizonte, ante a cólera e a decepción de todos.
Subín até a cofa de mesana. Algúns oficiais estaban xa empolicados no alto dos mastros.
De súpeto, e do mesmo xeito que na véspera, ouviuse a voz de Ned Land:
-A cousa en cuestión por babor, atrás!
Todas as miradas converxeron na dirección indicada. A unha milla e media da fragata, un longo corpo negruzco emerxía das augas nun metro, aproximadamente. A súa cola, violentamente axitada, producía un considerable remuiño. Xamais aparello caudal algún batera o mar con tal violencia.
Un inmenso asuco de branca espuma describía unha curva alongada que marcaba o paso do animal.
A fragata aproximouse ao cetáceo, e puiden observalo con tranquilidade. Os informes do Shannon e do Helvetia esaxeraran un pouco as súas dimensións. Eu estimei a súa lonxitude nuns douscentos cincuenta pés tan só. En canto ao seu grosor, non era fácil aprecialo, pero, en suma, o animal pareceume admirablemente proporcionado nas súas tres dimensións.
Mentres observaba aquel ser fenomenal, vin como lanzaba dous chorros de auga e de vapor polos seus espiráculos até unha altura duns corenta metros. Iso reveloume o seu modo de respiración, e permitiume concluír definitivamente que pertencía aos vertebrados, clase dos mamíferos, subclase dos monodelfos, grupo dos pisciformes, orde dos cetáceos, familia ... Neste punto non podía pronunciarme aínda. A orde dos cetáceos comprende tres familias: as baleas, os cachalotes e os golfiños, e é nesta última na que se inscriben os narvais. Cada unha destas familias divídese en varios xéneros, cada xénero en especies e cada especie en variedades. Variedade, especie, xénero e familia faltábanme aínda pero non dubidaba eu de que chegaría a completar a miña clasificación, coa axuda do ceo e do comandante Farragut.
A tripulación esperaba impaciente as ordes do seu xefe. Tras observar atentamente ao animal, o comandante chamou ao enxeñeiro, quen se presentou inmediatamente.
-Ten suficiente presión? -preguntoulle o comandante.
-Si, señor -respondeu o enxeñeiro.
-Ben, reforce entón a alimentación, e a toda máquina.

20 de maio de 2011

Diccionario de persoaxes históricos

ABEL, fillo do xa citado ADÁN.
Os seus primeiros días pasounos no Xardín de Edén cos seus pais e máis tarde tivo que marchar con eles. Dirixiu un negocio de ovellas.
Foi coñecido por unha disputa co seu irmán, na que quedou fóra de combate no primeiro asalto.

Preme para ver a reseña de "Cain y Abel", libro de Jeffrey Archer

19 de maio de 2011

Aniversario de Palaestra

Ontes, día 18 de maio, a nosa entidade, a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra cumpriu 22 anos dende a súa aprobación gubernamental en 1989.

Ainda que o acto fundacional tivera lugar o 26 de marzo, a Sociedade ven conmemorando o día 18 de maio, por coincidir coa aprobación gubernamental doutra entidade, que Palaestra impulsou, mesmo antes de recibir a confirmación da súa inscripción; a Federación Galega de Béisbol.

A todos os que participan desta viaxe; grazas.

18 de maio de 2011

Reacciona


Debido ás multidinarias concentracións e acampadas surxidas a raíz das máis de sesenta manifestacións celebradas en diferentes cidades españolas este domingo baixo o lema "Democracia real ya", e en concreto á que se celebra hoxe ás 20:00 horas no Obelisco na Coruña, donde xa leva acampando xente dende a noite do luns, e xa que desde esa cidade escribe o aquí firmante, o post de hoxe redúcese e redireccionase a instar ós lectores a releer o libro Indignaos, para a continuación rematalo co de Reacciona, firmado por un grupo de personalidades entre as que se destacan José Luis Sampedro, Ignacio Escolar, Rosa María Artal ou Baltasar Garzón entre outros, que publicado fai un mes, anima a dar un paso máis, non só valendo indignarse no sofá da casa.

E a xente parece que xa o está facendo.

17 de maio de 2011

Día das Letras Galegas

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución a proposta de que se declarase o dia 17 de maio "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".

Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia aproveitar para facer nunha celebración anual.

Propuñase o dia 17 de maio por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.

Lee mais do homenaxeado, Lois Pereiro, no web da Real Academia Galega.

15 de maio de 2011

La lectura en Galicia sube al 55% pero crece por debajo de la media española

Con motivo también de la celebración en días pasados del Día del Libro, la Federación de Gremios de Editores de España recordó que el índice de lectura en el Estado se sitúa en el 57%. Es decir, por cada cien personas mayores de catorce años, unas 57 leen de forma asidua; mientras que en Galicia baja a 55. Entre 2009 y 2010, el índice de lectura en la comunidad gallega creció 0,5 puntos. En España, sin embargo, sumó dos, según los datos de los editores.
Según ellos, un 38,8% de la población con más de 14 años compra habitualmente un libro en Galicia, con una media de nueve volúmenes cada año. El promedio en el resto de España es del 40,7%.
"Vamos acortando distancias con el resto de Europa en cuanto al índice de lectores habituales, pero donde mayor diferencia hay aún es en el porcentaje de quienes reconocen que no leen de forma asidua. Otra cosa es la compra, que se ha resentido por la crisis", afirmó ayer Xurxo Patiño, de la librería Librouro y presidente de la Federación Gallega de Libreros.

Mais

14 de maio de 2011

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XXII).

Con todo, cara a medianoite desapareceu, ou, por empregar unha expresión máis adecuada, apagouse» como unha luciérnaga. Fuxiría? Cabía temer máis que esperar que así fóra. Pero, á unha menos sete minutos, puidemos ouvir un asubío ensordecedor, semellante ao producido por unha columna de auga exhalada cunha extrema violencia.
O comandante Farragut, Ned Land e eu estabamos nese momento na toldilla, escrutando ávidamente as profundas tebras.
-Ned Land, ouviu vostede a miúdo o ruxido das baleas? -preguntou o comandante.
-Moitas veces, señor, pero nunca o dunha balea cuxo achado me valeu dous mil dólares.
-En efecto, gañouse vostede a curmá. Pero, dígame, non é ese o ruído que fan os cetáceos ao exhalar a auga polas seus espiráculos?
-O mesmo ruído, señor, coa diferenza de que o que acabamos de ouvir é incomparablemente máis forte, Non hai erro posible, é un cetáceo o que temos ante nós. E co seu permiso, señor -engadiu o arponeiro-, mañá ao despuntar o día dirémoslle dúas palabras ao noso veciño.
-Se é que está de humor para escoitarlle, señor Land -dixen cun ton de escasa convicción.
-Que poida eu achegarme a catro longos de arpón -replicou o canadense- e verá vostede se sente obrigado a escoitarme.
-Para achegarse a el -dixo o comandante- supoño que terei que pór unha baleeira á súa disposición.
-Está claro.
-O que significará pór en xogo a vida dos meus homes.
-E a miña -respondeu o arponeiro, coa maior simplicidade.
Cara ás dúas da mañá reapareceu con non menor intensidade o foco luminoso, a un cinco millas a barlovento do Abraham Lincoln. A pesar da distancia e dos ruídos do vento e do mar, ouvíanse claramente as formidables rabexadas do animal e até o seu xadeante e poderosa respiración. Diríase que no momento en que o enorme narval ascendía á superficie do océano para respirar, o aire precipitábase nos seus pulmóns como o vapor nos vastos cilindros dunha máquina de dous mil cabalos.
«Hum!, unha balea coa forza dun rexemento de cabalaría sería xa unha señora balea», pensei.

13 de maio de 2011

Latín

Si hoc signum legere potes, operis boni in rebus Latinus alacribus et fructuosis
potiri potes.

Que dí?

12 de maio de 2011

Aforismos de Leonardo

11.- O amor a un obxecto, calquera que sexa, é fillo do seu coñecemento. O amor é tanto máis fervente canto máis certo é o coñecemento; pero a certidumbre nace do coñecemento integral de todas
as partes, que reunidas forman o todo que debe ser amado. Se non coñeces a Deus, non poderás amalo; se o amas polo ben que del esperas e non pola súa virtude soberana, imitas ao can que menea a cola e festexa cos seus saltos a quen lle vai a dar un óso; se o animal coñecese a superioridade do home, amaríao mellor.

11 de maio de 2011

¡Indignaos!



Un libro cuyo título y momento aseguraba ya un éxito en ventas, y que tenia que llegar tarde o temprano, llegó, y efectivamente, es un éxito en ventas.

Curioso que el más rápido en darse cuenta de eso haya sido un francés de 93 años, aunque deja de sorprender si decimos que Stephane Hessel fue parte de la redacción de la declaración de los derechos humanos de 1948, miembro clave de la resistencia francesa contra el dominio nazi, superviviente de Buchenwald, diplomático, embajador de la ONU, defensor de la causa palestina, eterno luchador.

Y esto también ayudó a convertirlo en best seller...


Cinco euros ,con prólogo del también nonagenario Jose Luis Sampedro en su versión española, se puede decir que no es caro.

Sesenta hojas, contanto el prólogo, el epílogo, y las notas, también se puede decir que no es barato.

Valoraciones económicas aparte, el caso es que me esperaba más accion, más intriga y más sangre...

Sin darse cuenta o con intención acaba por hacer de ¡Indignaos!, aunque apoyado para ello de dos ideas que marcan y rigen su vida: la insurreccion y la resistencia; un esbozo de autobiografía carente de fuerza y dinamismo, donde emplea demasiado espacio introduciéndose en detalle en su opulenta vida y mostrándonos su gran conocimiento en historia, su historia.

Más al acabar...miento, incluso al empezar, se presiente la desagradable sensación de no ver aprovechado y ver surtir el efecto deseado por ese título tan prometedor y popularmente esperado.

Pero después de varias lecturas apoyadas de duras cabilaciones y desesperadas reflexiones, descubrí que el libro había conseguido su propósito, había conseguido indignarme, y varias veces.

Primero y como causa original de la que estuve especialmente orgulloso durante largo tiempo, por el hecho de haberme gastado 5 euros en un apagado y soso discurso.Muchos dias pasé asi, indignado , hasta que más tarde y debido a una aún más profunda inspiración, empecé a pensar y a creer que no se necesita más que de uno mismo, y no tanto del opiáceo momentáneo de una lectura ardiente, para indignarse.

Y es que el verdadero valor y contenido del libro se encuentra en el mismo título.

Porque sobran razones: ¡Indignaos!

10 de maio de 2011

Libros electrónicos en Galicia

Os libros electrónicos só supoñen un 2,5% do total dos editados en Galicia.
Esta cifra sitúase por debaixo da media española, dun 3%, segundo un informe
do Observatorio da Lectura e o Libro
“Tratar de establecer un modelo de negocio sólido na Unión Europea, ao estilo do de Amazon nos Estados Unidos”, a primeira medida que se debría tomar, según Bragado
O libro electrónico segue sen despegar en Galicia. Os popularmente coñecidos como e-books aínda representan unha porcentaxe mínima do sector editorial galego.

Mais

9 de maio de 2011

8 de maio de 2011

A casa das palabras de Vigo busca a súa identidade

Foi un dos estandartes, canda ao MARCO e mais o Museo do Mar, da configuración de Vigo como centro cultural no Sur do País na primeira década deste século. No entanto, non hai dúbida de que o Verbum quedou ata o de agora como o irmán pequeno destes centros, sen unha orientación clara e cunha proxección social moi inferior á agardada. Cando fai oito anos, ponse en marcha un plan museolóxico que pretende dotalo finalmente nun sentido propio.

Mais

7 de maio de 2011

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XXI).

Executadas estas ordes, a fragata afastouse rapidamente do foco luminoso. Digo mal, quixo afastarse, debese dicir, pois a besta sobrenatural achegóuselle cunha velocidade dúas veces maior que a súa.
Xadeábamos, sumidos no silencio e a inmobilidade, máis polo estupor que polo pánico. O animal achegábasenos con facilidade. Deu logo unha volta á fragata cuxa marcha era entón de catorce nós e envolveuna no seu resplandor eléctrico como nun rebumbio luminoso. Afastouse despois a unhas dúas ou tres millas, deixando un ronsel fosforescente comparable aos bulebules de vapor que exhala a locomotora dun expreso. De súpeto, desde os escuros límites do horizonte, aos que había ir a buscar impulso, o monstro lanzouse cara ao Abraham Lincoln cunha impresionante rapidez, detívose bruscamente a un vinte pés das súas cintas, e apagouse, non abismándose nas augas, posto que o seu resplandor non sufriu ningunha degradación, senón súbitamente e coma se a fonte do seu brillante efluvio extinguirase de súpeto. Logo reapareceu alén do navío, xa fóra por dar a volta en torno ao mesmo ou por pasar por baixo do seu casco. En calquera momento podía producirse unha colisión de nefastos efectos para nós.
As manobras da fragata sorprendéronme. No canto de atacar, fuxía. O barco que viñera en persecución do monstro víase perseguido. Como preguntase a razón dese investimento de papeis, o comandante Farragut, cuxo rostro tan impasible de ordinario reflectía entón un asombro infinito, díxome:
-Señor Aronnax, ignoro como é o ser formidable con que teño que habermas, e non quero pór en perigo imprudentemente á miña fragata no medio desta escuridade. Ademais, como atacar ao descoñecido?, como defenderse? Esperemos a luz do día e entón os papeis cambiarán.
-Queda algunha dúbida, comandante, sobre a natureza do animal?
-Non, señor, é evidentemente un narval xigantesco, pero é tamén un narval eléctrico.
-Quizá -dixen- se emite descargas eléctricas sexa tan inabordable como un gimnoto ou un torpedo.
-Posiblemente -respondeu o comandante-, e se posúe en si unha potencia fulminante debe ser o animal máis terrible que saíse nunca das mans do Creador. Por iso, hai que ser prudentes.
Toda a tripulación permaneceu en pé durante a noite, sen que ninguén pensase en durmir. Non podendo competir en velocidade, o Abraham Lincoln moderara a súa marcha. Pola súa banda, o narval, imitando á fragata, deixábase mecer polas ondas e parecía decidido a non abandonar o escenario da loita.

6 de maio de 2011

Presentación do Libro de Xadrez

Francisco Conde presentou hoxe o seu libro "Finais elementais de xadrez" que supón xa o número 10 da Colección de Libros de Peto de Asencudega.
O autor realizou unha pequena charla sobre finais prácticos, explicando o contido do libro.
O libro pode conseguirse nas actividades desenvoltas pola Asociación Galega de Axedrecistas.

5 de maio de 2011

4 de maio de 2011

Marina


Libro do recoñecido escritor Carlos Ruíz Zafón.

Escrita en 1999,é a ultima das súas novelas xuvenís, precedida por tres libros tamén xuvenís, denominados como a "Triloxía da néboa", e anterior a afamada "A sombra do vento", xa para adultos.


Non tendo grande aficción polos best sellers, preferín este título para adentrarme no mundo fantástico de Zafón,ademais de por recomendarmo un amigo,ao cal aínda lle teño que devolver o exemplar en cuestión.

A acción desenvólvese na Barcelona da segunda métade do século XX e comeza cun prólogo no que o protagonista Oscar Drai nos fala desde a situacion final da historia, para de seguido contarnos todo o que motivou ese desenlace, que eu resumo.

Óscar, adolescente, vive e estudia nun internado de índole católico. Non é moi dado os estudios nin a reflexión espiritual. Gústalle sen embargo observar o reflexo do sol nos ventanais no atardecer, o timbre que indica o fin das clases e escabullirse cando pode para pasear libremente pola rúa.

Nunha destas escapadas o rapaz coñece a Marina, e fanse amigos e mais tarde moi amigos.
Hai algo misterioso no comportamento desta rapaza, coma se gardase un segredo.

Comezan a suceder cousas misteriosas que desembocan en fantasia e que van ser o nudo da historia,cando un se esperaba que tirara por outros derroteiros. Zafón faise o interesante con moitas escenas de intriga e desvelo, facéndote esperar para nada a chegada deses pantasmas que sabes que van aparecer.

Aparecen e son moitos e moi malos pero os dous nenos mostrando unha dose elevada de valentía, pero escasa de prudencia, loitan contra eles e ó final despois de escenas bastante dramáticas e violentas, acaban co último demonio que porén é o mais malvado.

Derrotado o monstro final, a historia debería concluir, pero aquí desvélase o segredo que gardaba Marina desde o comezo...

Como valoracion final:

Quédome co extenso coñecemento de rúas barcelonesas que acadas.

Quédome coas boas elaboracións das personaxes, sobre todo de Marina, profunda e carismática.

E quédome sobre todo con frases inxeniosas que o autor nos foi deixando polo camiño (case merece ler o libro só por elas):

"As derrotas en silencio saben mellor"
"Non se pode entender nada da vida hasta que un non entende da morte"
"Vínculo de silencio e miradas"
"Só desaparece a xente que ten algun sitio a donde ir"
"Preguntábame se algún día sería capaz de crear algo de semexante valor, dalgún valor"
"Cando hai clase (referíndose a un vello Dodge) a velocidade é unha minucia"
"Ninguén merece ter un céntimo máis do que estaba disposto a ofrecer a quen os necesitara máis que el"
"A vida soe brindarnos iso que non buscamos nela"
"A verdade sempre esta a salvo da xente"
"Os problemas son como as cascudas, se se sacan a luz asústanse e vanse"
"Barcelona pode ser a cidade máis triste en inverno"
"Hai leccións que non vale a pena aprender"
"O tempo non nos fai máis sabios, só máis cobardes"
"Pódese vivir de esperanza e pouco máis"
"Non se coñece a xente ata que se viviu unha guerra"
"O século XX convertérase no gran circo da historia"
"O diñeiro non ten importancia, a menos que se carezca del"
"Non hai máis demonio que a Nai Natureza"
"A ruindade dos homes é unha mecha en busca de chama"
"Nada mellor que ler acerca dos problemas dos demáis para olvidar os propios"


E a que abre o libro,
"Só recordamos o que nunca sucedeu"

3 de maio de 2011

Airas Nunes

O texto de xoxe é de Airas Nunes, que foi un clérigo e trobador do século XIII.
Máis info sobre o autor.

Porque no mundo minguou a verdade
punhei un día de a ir buscar,
e y por ela fui preguntar
dissérom todos: "Alhur la buscade,
ca de tal guisa de foi a perder
que non podemos én novas haver,
nem ja non anda na irmandade"

2 de maio de 2011

Unha frase para empezar a semana

As saias curtas fan que os homes se comporten educadamente. Viches algunha vez a un home subirse a un autobús diante dunha moza con minisaia?

1 de maio de 2011

Varela repartiu 4.000 libros no Gaiás para celebrar o Día do Libro

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, desprazouse este mércores ata a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, para participar nun acto de entrega de libros aos visitantes do recinto para conmemorar o Día do Libro e no que se repartiron uns 4.000 exemplares. Así, aínda que a iniciativa estaba activa dende primeira hora da mañá, o conselleiro fixo acto de presenza sobre as 12.30 horas do mediodía, momento no que varias decenas de persoas, entre elas numerosos escolares, recollían os seus libros.

Roberto Varela, que se interesou pola boa acollida da iniciativa, participou tamén persoalmente na entrega dos volumes aos visitantes, que podían escoller o tipo de libro que preferían de entre os dispoñibles -para diferentes idades e de varias temáticas-. O público asistente, pola súa banda, mostrouse moi favorable á iniciativa, especialmente os escolares, que consideraron que o proxecto "servirá moito para fomentar a lectura", tal e como explicou en declaracións aos medios unha das mozas.

Mais