25 de xuño de 2011

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XXVIII).

O imperturbable sangue frío de Conseil deume ánimos. Nadei con máis vigor, pero, incomodado polas miñas roupas que me oprimían como os cellos dun barril, tiña grandes dificultades para sosterme á boia.
Conseil deuse conta.
-Permítame o señor facerlle unha incisión.
E cunha navalla desgarrou as miñas roupas de arriba abaixo nun rápido movemento. Logo liberoume das miñas roupas con grande habilidade, mentres eu nadaba polos dous. Logo procedín a prestar idéntico servizo a Conseil, e continuamos «navegando» un xunto ao outro.
A nosa situación era terrible. Talvez non se dera conta ninguén da nosa desaparición, e aínda que non pasase inadvertida, a fragata, privada de goberno, non podería vir na nosa busca.
Unicamente podiamos contar cos seus botes.
Partindo desta hipótese, Conseil razoou fríamente e fixo un plan consecuente. Que extraordinaria natureza a deste flemático raparigo, que sentía alí como na súa casa!
Dado que nosa única posibilidade de salvación era a de ser recollidos polos botes do Abraham Lincoln, decidiuse que debiamos organizarnos de xeito que puidésemos esperalos o maior tempo posible. Eu resolvín entón que dividísemos as nosas forzas a fin de non esgotalas simultaneamente,
e así conviñemos que un de nós manteríase inmóbil, tendido de costas, cos brazos cruzados e as pernas estendidas, mentres o outro nadaría impulsándoo cara a adiante. Esta tarefa de remolcador non debía prolongarse máis de dez minutos, e relevándonos así poderiamos nadar durante varias horas e manternos mesmo até a alba.
Débil posibilidade, pero a esperanza está tan fortemente enraizada no corazón do home!
Ademais, eramos dous. E, por último, podo afirmar, por improbable que isto pareza, que aínda que tratase de destruír en min toda ilusión, aínda que me esforzase por desesperar, non podía conseguilo.
A colisión da fragata e do cetáceo produciuse cara ao once da noite. Calculei, pois, que debiamos nadar durante unhas oito horas até a saída do sol. Operación rigorosamente practicable co noso sistema de substitucións. O mar, bastante apacible, fatigábanos pouco. Ás veces trataba eu de penetrar coa mirada as espesas tebras que tan só rompía a fosforescencia provocada polos nosos movementos. Miraba esas ondas luminosas que se desfacían nas miñas mans e cuxa capa espelleante formaba como unha película de tonalidades pálidas. Parecera que estabamos mergullados nun baño de azogue.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.