15 de xuño de 2011

Nocilla project

Engloba tres libros pensados (ou improvisados) por un home chamado Agustín Fernandez Mallo(Coruñés.Afincado en Mallorca.Estudou físicas en Santiago.Aspecto desaliñado.Fumador).

Nocilla Experience (2006)
Nocilla Dream (2008)
Nocilla Lab (2009)

Non sei moi ben se aconsellarllos a alguén, ou si (a min gustáronme )... porque son libros moi raros , non se sabe (non sei) moi ben de que van e a onde van, nin de onde veñen, e se veñen ou se van...Persoalmente penso que veñen.E veñen para quedarse.Alomenos ata que cheguen alá onde queren ir.(A verdade e que xa levan aquí uns anos e o meu pronóstico persoal perde así un pouco de credibilidade).

Como pode que nin eles mesmos sepan a onde van, estarán aquí un bo rato ata o día en que alguén lles ensine o camiño, morran de cansancio buscándoo ou ata que a xente se canse de mirar como o buscan (o que sorprendentemente tamén pode ser causa da súa morte).Mais se cadra non o buscan.Se cadra se pode vivir perfectamente camiñando hacia ningures(ou camiñando cada dia hacia un sitio diferente).

Tampouco teñen ou non coñezo semellanzas con outros da súa especie (sendo o libro unha especie).Isto ten a vantaxe de resultar orixinal, mais tamén pode ter a desvantaxe de selo demasiado.
Para alivio das editoriais, que vindo situarse o seu libro entre as clásicas seccións o sentían desprestixiado polo resto (ou a este desprestixiando os demais), pronto se acuñou mediante un bonito derroche de pragmatismo un novo término que representou e representa moi ben esta tendencia : Literatura Nocilla.

E bueno ,non esperedes que fale moito máis dos libros, alomenos por hoxe.Unha das principais razóns é que non me pagan o suficiente.Outra que se me averiou o ordenador na casa e a biblioteca na que estou pecha tristemente xusto agora.E a última por algún que outro comentario sobre a extensión dos meus artigos, poñendo como escusa un inaudito sentimento de compasión pola miña persoa.Mais eu tamén engado que vou ter compasion polos lectores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.