13 de xullo de 2011

Os oito pecados mortais da humanidade civilizada II - Konrad Lorenz


Siguen os catro últimos pecados que completan os oito que comezamos a semana pasada e que dan título ó libro de Konrad Lorenz.

5 ) Decandencia xenética

Dentro da civilización moderna non hai factor algún -salvo o "sentido xurídico natural" e moitas tradicións xurídicas trasmitidas -que exerza unha presión selectiva sobre o desenvolvemento e mantemento das normas sociais do comportamento, aínda cando isto sexa cada vez máis necesario co incremento da humanidade. Non cabe excluir a posibilidade de que o infantilismo por cuxa causa convertéronse en parasitos sociais moitos xóvenes "rebeldes" contemporáneos, teña condicións xenéticas.

6 )Quebrantamento da tradición

Por este conducto chégase a un punto crítico no que a xeración máis xoven non consegue entenderse culturalmente coa maior, e menos todavía, identificarse. Así pois trátase a esta coma un grupo étcnico exótico e a afrónta con odio nacionalista. As causas deste complexo "identificación-perturbacion" obedecen, sobre todo, o deficiente contacto entre pais e fillos, o que xa ten consecuencias patolóxicas no período da lactancia.

7 )Formación indoctrinada

Formación indoctrinada crecente da humanidade. A multiplicación dos grupos culturais aislados onde se agrupan estes homes orixina, en combinación co perfeccionamento dos recursos técnicos, un influxo sobre a opinión pública tendente a uniformar os criterios cunha intensidade xamáis coñecida por ningunha época da historia humana. Por engado, a acción suxestiva dunha doutrina firmemente inculcada acrecéntase co número de adictos, e quizáis incluso en proporción xeometrica. Hoxe en día, cando un individuo se sustrae a influencia dos medios informativos, por exemplo a televisión, se lle impoñen tendencias patóxenas. Investigación da opinión, técnica publicitaria, e hábil encauzamento da moda favorecen, por un lado, ós grandes, e por outro, os funcionarios alén do Telón de Aceiro para obter un domino similar sobre as masas.

8 )As armas nucleares

Que a humanidade provisionarase de armas nucleares representa para ela uns peligros bastante máis fáciles de evitar que os que son resultado dos sete procesos anteditos.



A foto que completa este artigo e o propio autor xunto a un ganso. É coñecida a súa aficción por eles dende pequeno.

E para rematar, outro dos seus interesantes pensamentos:

O feito simple de que meu can me queira mais que eu a el, constitue unha verdade tan innegable, que cada vez que penso nela, avergóñome.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.