15 de setembro de 2011

Aforismos de Leonardo

26.- Se a natureza fixase unha soa regra para a calidade dos membros, as fisonomías de todos os homes serían semellantes, e non sería posible distinguilas unhas doutras; pero ela variou de tal modo o cinco partes do rostro que, aínda que establecese unha regra xeral para a proporción, non seguiu ningunha para a calidade; de maneira que é fácil recoñecer cada aspecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.