27 de setembro de 2011

Libros viaxeiros (2): Muñeca y Macho

Seguimos coa actividade dos Libros viaxeiros iniciada a semana pasada.

O segundo libro, totalmente distinto ao primeiro, que estará a disposición esta semana (no Centro Universitario de Riazor) é Muñeca y Macho de Juan García Hortelano. A variedade de estilos e temática será cotián nestas primeiras semanas de actividade.

Título: Muñeca y Macho

Número Brigantium: 2
ISBN: 84-406-9376-1
Número BCID: 481-10181065 (ligazón a bookcrossing)

Idioma: castelán
Ediciones B
Temática: Novela
Páxinas: 355
En varias páxinas se colocaron selos de Palaestra.

Juan García Hortelano (Madrid, 1928 - idem 1992) foi un escritor español.

Durante toda a súa vida, García Hortelano autodidacta en materia de literatura, dedicouse ao exercicio da escritura con fervor e disciplina, sen abandonar nunca o seu traballo como funcionario. Falou nun artigo do seu goce dunha clandestinidade, que cala as súas preferencias e aguanta as alleas. Admirador de Flaubert, Proust, Sartre, Boris Vian (de quen foi tradutor ao castelán) e de Cervantes, ou Galdós, entre outros, tamén escribiu poesía.

Muñeca y Macho, novela erótica, foi publicada en 1990 co pseudónimo de Luciana de Lais. Tal como el previra, foi rexeitada por algunha editorial, e cando por fin publicouse, pasou con máis pena que gloria ata a súa reimpresión despois da morte do autor.

Invitamos a xente a ler a novela e compartir as súas opinións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.