23 de outubro de 2011

Libros viaxeiros (3): La isla del Tesoro

Seguimos coa actividade dos Libros Viaxeiros.

O terceiro libro, que estará a disposición esta semana (no Centro Universitario de Riazor) é uin clásico; La Isla del Tesoro de Robert Luis Stevenson.

Título: La Isla del tesoro

Número Brigantium: 3
ISBN: 8485957660
Número BCID: 115-10232689 (ligazón a bookcrossing)

Idioma: castelán
Astoreca y Cía Editorial
Temática: Novela
Páxinas: 124
En varias páxinas se colocaron selos do CIDU. O libro pertenceu á Biblioteca da Asociación Brigantium para a axuda a xuvnetude (na actualidade disolta).

A illa do tesouro é unha novela de aventuras escrita en inglés polo escocés Robert Louis Stevenson, editada en libro en Londres en 1883 (publicada orixinalmente por entregas na revista infantil Young Folks entre 1881 e 1882 co título de The Sea Cook, or Treasure Island).

Esta obra foi fonte de inspiración no cinema, na televisión, na literatura, en banda deseñada e ata en videoxogos. A novela adopta un ton crítico e unha reflexión moral do protagonista cara ao diñeiro e a ambición.

Invitamos a xente a ler a novela e compartir as súas opinións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.