11 de novembro de 2011

11/11/11

Hoxe temos moitos onces na data e mesmo programamos a entrada para as 11/11/11
Hai quen ve nisto algo especial, unha data simbólica.
Pero qué sentido ten?
Realmente é unha parvada mais, pero aproveitamos para comentar un feito que algúns descoñecen ou esquecen;  que o noso calendario leva con nos pouco mais de catrocentos anos. E iso en occidente, noutros países e moito mais recente.
O papa Gregorio XIII decidiu que o xoves 4 de outubro de 1582 sería seguido polo venres 15 de outubro para compensar o desfase acumulado dende o ano 45 d. C.
Moi comentado é o feito de que santa Teresa morreu na noite do 4 ao 15 de outubro de 1582.
Foi imposto por Gregorio XIII nos estados onde era soberano pontífice. Outros, coma Francia, o empregaron axiña e outros como Inglaterra (protestante) tardaron moitos anos (1752).
Cumpriu esperar á revolución de outubro de 1917 para que Rusia o adoptase. Por iso a chamada revolución de "outubro" tivo lugar a comezos de novembro.
En Turquía ainda tardaron dez anos mais, asi que nin un nin outros levan cen anos con este calendario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.