1 de decembro de 2011

Aniversario da morte de Eduardo Blanco Amor

Eduardo Blanco Amor foi un dos grandes escritores en lingua galega. Foi alumno de Vicente Risco, figura que tivo unha importancia decisiva na súa postura en defensa da cultura galega. De mozo emigrou a Buenos Aires, onde contactou cos intelectuais galegos da emigración.

En 1928 retornou durante un ano e coñeceu a Castelao e a xente do Partido Galeguista e de Nós. Voltaría de novo a España entre 1933 e 1935, coñecendo a Federico García Lorca.

Dende Arxentina defendeu a legalidade republicana na guerra civil española. Durante os 20 anos seguintes utilizou unicamente o castelán na súa obra literaria. En 1956 voltou ao galego e tres anos mais tarde escribiu unha das mellores novelas en lingua galega: A esmorga. Retornou a Galicia no 1965, tras ter publicado Os biosbardos.

Finou en Vigo no ano 1979.

Mais na Galipedia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.