1 de xaneiro de 2012

O Catecismo do Labrego I

P.  — Cales son os vosos nemigos?
R.  — Cóntanse por centos
P.  — Qué nemigos son eses?
R. — A maores do mundo, do demo e da carne, como teñen todalas xentes, temos un fato deles: nove ministros en Madril, o Delegado da Facenda na provincia, o Adeministrador da Subalterna no partido, o Alcalde, os concexales i o Sacretario n-o Concello, o cacique da parroquia, o veciño de porta con porta, a miseria na casa, os pedriscos nos eidos, a filoxera nos viñedos, o recaudador metido na cabeza, os trabucos e a contribucion territorial na cana dos osos, a de consumos entalada nas gorxas, a crencia de que non hemos millorar de sorte no esprito, as falcatruas da curia enterradas astra o redaño, etc., etc., etc.

Mais do Catecismo do Labrego na Galipedia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.