29 de febreiro de 2012

Aforismos de Francisco: Desorden formal

Os prefacios e introducións dos libros antigos e consagrados están mal denominados. Unha visión superior escribiunos, unha mentalidade allea que posúe a manifesta impresión de que ese libro forma parte do programa literario das nosas ilustres escolas ou o seu notorio contido por forza foi comentado nalgún memorable xantar das nosas vidas.

Pois non é así, e eses prefacios non son prefacios, sinon compendios; e esas mal chamadas introduccións, finalizacións, e como tal deben ir nas derradeiras páxinas.

Os libros modernos non teñen xeralmente prefacios, e se os tivesen, por estratexia comercial, dudo moito que desvelasen a morte de ningúnha personaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.