12 de febreiro de 2012

Novo libro de Xabier Cordal

Xerais, dentro da súa colección de poesía, publica este mes de febreiro "transmuta", unha serie de textos nos que a morte da nai é o punto de partida. Detrás da morte a mutilación da posguerra; a que incapacitou miles de corpos para comprender e xulgar a propia historia. Na viaxe que deliña este libro van confluíndo as palabras do pánico e do illamento, do silencio amoroso, as diversas caras da alienación, as do combate, e toman por fin terra. Logo de dez anos inédita, non deixamos de sentir a voz de Xabier Cordal (A Coruña, 1965): o brillo e a potencia da súa escrita xa o converteran nun dos nomes máis influentes na poesía galega do XXI. Abre transmuta unha porta azul ao tempo descoñecido, ao gume da intelixencia. E mostra a posibilidade de sermos libres, mesmo na época máis escura, cando se asume o poder de modificar todo discurso. De virar o corazón á herdanza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.