11 de abril de 2012

Libros viaxeiros: Da terra á lúa


Xulio Verne escribiu este libro no ano 1865.
Falar dun libro tan antigo o cal 147 anos antes ca min debeu ler tanta xente me parece unha redundancia e non moi eficiente.

Pero é o meu deber facelo en cumprimento coas normas do Club de Lectura Brigantium e o seu proxecto de "Libros viaxeiros". Quizá o seu morno comezo se deban a estos deberes impostos con suma alevosía, pero eu amosarei que tampouco son para tanto .

A historia non e nada doutro mundo, bueno un pouco, pero non moito mais lonxe da lúa...Porque o título xa cho dice todo, e o que esperas pois é as peripecias e detalles intermedios desa aventura que sabes onde rematará.
O valor engadido do autor e dicirche o cómo. Pero ben se titule "Da Terra á Lua" ou "20.000 leguas de viaxe submarino", sabes que alguén chegará a Lua e alguén recorrera esa distancia por debaixo dos océanos.

Eses detalles intermedios están cheos de cultura e datos científicos interesantes, e representa por tanto outro motivo non para lelo senón para non ter dereito a arrepentirte unha vez que o fas, se é que os recordas.

Non te desesperes perdéndote entre tantos: -Dixo Barbicane; -Respondeu Miguel Ardán; -Asentiu o Capitan Nicholl, etc... Parece que nin Verne se deten a pensar en cal das moitas personaxes cadra mellor unha frase ou outra, pois veñen en beneficio dun máis rápido e dinámico desenvolvemento da historia, que realmente te atrapa a pesares, ou se cadra xustamente por isto, desa inxenuidade e facilidade lectora.

¿Tamén facilidade escritora ? Non o creo, detras desa eficiencia das palabras escóndese realmente unha capacidade de síntesis literaria e imaxinativa do que poucos escritores son capaces.

Así pois espero devolver pronto o libro para que poida viaxar con máis xente, e que viaxen outros da súa man a través non das estrelas, pero sí dunha distancia suficientemente grande como para que o único medio a vosa man sexa a vosa imaxinación, ou mellor, a de Xulio Verne.

Ver comentario inicial en Libros Viaxeiros. Preme.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.