9 de maio de 2012

Outra volta de rosca

Trátase dunha das obras máis coñecidas de Henry James, escritor novaiorquino nacido en 1843. A obra publicouse en 1898, só un ano despois de que o fixera o Drácula de Bram Stoker. Henry vivía nese momento en Inglaterra e cabe a posibilidade de que tivera fresca a lectura de Drácula cando el mesmo se decidiu a elaborar a súa propia historia de terror. O terror achegase polas prolongadas ausencias de este, máis que por constantes aparicións infernais. A aparente calma que se percibe no ambiente é o máis intrigante. En calquer momento o peor pode pasar. Outro truco do escritor por ende moi usado hoxe en día, é facer que o bo parezca o malo, e o malo o bo, ou os bos non tan bos. Son tamén constantes os monólogos internos das personaxes .Isto pode facer o libro algo denso con frases demasiado longas e articuladas, sen embargo este hiperrealismo ten os seus fans e na redundancia deses principios descansa precisamente o seu éxito. En canto a historia mesma, unha xoven institutriz encárgase de cuidar dous rapaciños nunha gran mansión, os que do tan ben que se portan non poden atraer mais que sospeitas. ¿Atreverse a olvidar o amor que sente por eles para descubrir o seu segredo, segredo que se cadra nin exista? ¿Precisamente por ese amor que lles ten, non importarlle ser odiada por elo?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.