10 de xuño de 2012

Publicada unha novela inédita que Pardo Bazán escribiu aos 13 anos

Responsables de Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, a Fundación Lázaro Galdiano e Analecta Editorial presentaron, na sede da Real Academia Galega (RAG), a novela inédita de Emilia Pardo Bazán Aficiones peligrosas que a autora galega escribiu cando tiña 13 anos.

A obra, coeditada pola Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, a Fundación Lázaro Galdiano e Analecta Editorial, foi publicada a partir do manuscrito que a autora regalou, en 1899, ao editor Lázaro Galdiano e que se atopaba no arquivo da fundación que leva o seu nome.

Compendiado no ano 2004, é agora cando se edita por primeira vez reconstruído e ordenado como novela e acompañado dun estudo preliminar da doutora en Filoloxía Románica e profesora na Facultade de Formación do profesorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Araceli Herrero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.