11 de xullo de 2012

Aforismos de Francisco: Unha enfermidade

A felicidade e estabilidade nas relacións persoais non pode sosterse basándose na suma da infelicidade e inestabilidade de dúas persoas, senón na suma de dúas persoas felices e estables.

A xeneral incapacidade de lograr esas dúas metas, as cales na sociedade actual veñen da man, pero que de ninguna maneira ten porque ser así; fai das relacións actuais auténticos disparates sociais buscados coma remedios pasaxeiros que co tempo acaban convertíndose en drogas e que teñen efectos secundarios de gran envergadura, como a autocomplacencia, xenerada por una pérdida de identidade, e unha falsa sensación de felicidade dotada por esa falsa estabilidade adquirida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.