18 de xullo de 2012

Aforismos de Francisco: Vivir a vida

¿En qué consiste esa despreocupada resolución tan de moda entre a xuventude de "vivir a vida"?

 Son conscientes de que o seu futuro próximo xa non pasará por ser vida, no sentido desa vida tan inmensa, prometedora, inxenua e lonxana da que se levaba gozando desde neno. 

De repente lánzase un á vida de verdade, a esa á que sin darse conta se estiveron preparando desde meniños. E, achándose ás portas da franca realidade, ou nos abismos da inocencia, decátase un da súa imprudente despreocupación anterior. ¡Pero oh, cruel destino, xa é demasiado tarde para cambialo e tornar de sentido, buscar ou fabricar outra vida máis vida! De tal forma que cunha inmensa falta de honradez e unha sobredose de falso xúbilo, decídese un a apurar eses últimos momentos coa mesma despreocupación e indiferenza pasadas, pero cunha ironía e morbosidade moito maiores, e que xeneralmente durará ata máis aló do que requería a situación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.