10 de xullo de 2012

Fragmento de "A Siñá Gabriela" de Lesta Meis

Na casa dun labrador non ten moita importancia a puntualidade. O caso é que ó vi-la noite estea todo o de fóra listo. O de fóra, porque o da casa queda sempre para a noite.


A casa non veñen mulleres axudarlle. Podía ter unha criada. O xenro ben llo di. Non tería ela que andar tan atafegada. Pero xa se sabe en que para unha criada na casa dun home viúvo. Non. A siña Gabriela que non lle falasen diso. "Entramentres eu viva e Dios Nososeñor me dea saúde todo se irá arregrando, sin que me teña que axudar ninguén. Tes dabondo a quen manter cos teus fillos -decíalle ó xenro- sin que busques outra boca máis. Con que veña a costureira unha vez ó ano chega. E iso por ser un labor que eu non sei facer, porque non mo ensinaron; que senón tampouco".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.