17 de xullo de 2012

Inicio de NON TEÑO BOCA E DEBO GRITAR de Harlan Ellison

O corpo de Gorrister penduraba, fláccido, no ambiente rosado; sen apoio algún, suspendido ben alto por enriba das nosas cabezas, na cámara da computadora, sen balancearse na brisa fría e oleosa que sopraba eternamente ao longo da caverna principal. O corpo colgaba cabeza abaixo, unido á parte inferior dun retén pola planta do seu pé dereito. Extraéraselle todo o sangue por unha incisión que se practicara na súa garganta, de orella a orella. Non habían rastros de sangue na puída superficie do piso de metal.

Cando Gorrister uniuse ao noso grupo e mirouse a si mesmo, xa era demasiado tarde para que nos désemos conta de que unha vez máis, AM tíñanos enganado, fixera a súa broma, a súa diversión de máquina. Tres de nós vomitamos, apartando a vista uns doutros nun reflexo tan arcaico como a náusea que o provocou.

Gorrister púxose pálido como a neve. Foi case coma se vise un ídolo de vudú e sentísese medorento polo futuro. "Meu Deus!", murmurou, e afastouse. Tres de nós seguímolo durante un intre e achámolo sentado coa cabeza entre as mans. Ellen axeonllouse xunto a el e acariñou o seu cabelo. Non se moveu, pero a súa voz chegounos crara a través do pano das súas mans:

- Por qué non nos mata dunha boa vez? Señor! non sei canto tempo vou ser capaz de aturalo.

Era o noso centesimonoveno ano na computadora.

Gorrister dicía o que todos sentiamos.

Nimdok (este era o nome que a computadora lle forzara a usar, porque se entretiña cos sons estraños) foi vítima de alucinacións que lle fixeron crer que había alimentos enlatados na caverna, Gorrister e eu tiñamos moitas dúbidas.

- É outra engañifa - díxenlles -. O mesmo que cando nos fixo crer que realmente existía aquel maldito elefante conxelado. Lembran? Benny case quedou tolo aquela vez. Imos esforzarnos para percorrer todo ese camiño e cando cheguemos van estar podrecidos ou algo polo estilo. Non, non vaiamos. Vai ter que darnos algo forzosamente, porque se non, imos morrer.

Benny estremeceuse. Facía tres días que non comiamos. A última vez foran vermes, espesos, correúdos como cordas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.