Fontes da Consellería de Cultura indican que nestas cantidades inclúese o estudo e preparación da exposición, a selección de pezas e a documentación e elaboración das fichas das obras. Ademais, engaden, os comisarios deben estar dispoñibles para realizar visitas guiadas.
Estas cantidades están totalmente fóra de mercado, segundo indican distintos comisarios que realizaron proxectos expositivos en centros e museos dentro e fóra de Galicia. Un comisario que traballou en varias ocasións con institucións galegas explica que os honorarios habituais por este tipo de traballo sitúanse entre os 6.000 e os 9.000 euros. Estas son as cifras que pagan institucións tan prestixiosas como o Museo Nacional Raíña Sofía ou o propio Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). A propia Cidade da Cultura pagou hai uns meses 4.500 euros a un comisario polo traballo desenvolvido nunha das mostras presentadas no Arquivo de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.