21 de setembro de 2012

Inicio de ANOITECER, de Isaac Asimov

ANOITECER

Aton 77, director da Universidade de Saro, alargou o beizo inferior con actitude desafiante e contemplou furioso ao xornalista.
Theremon 762 non o tomou en conta. Nos primeiros días, cando a súa columna era só unha tola idea que pululaba na cabeza dun cachorro de reporteiro, acabara por especializarse en entrevistas «imposibles». Custáralle mazaduras, ollos morados e ósos rotos; pero, en cambio, proporcionáralle boas reservas de frialdade e discreción. De modo que fixo caso omiso de cantos acenos prodigase o outro e esperou pacientemente que cousas peores chegasen. Os astrónomos eran bichos raros e se o que Aton levara a cabo nos últimos dous meses significaba algo, entón tratábase do bicho máis raro entre os seus.
Aton 77 atopou unha voz apropiada e fíxoa fluír coa rebuscada, coidadosa e pedante fraseoloxía (puntal da súa sona, entre outras cousas) que nunca abandonaba.
- Señor - dixo -, manifesta vostede unha flema insufrible víndo con tan impúdica proposición.
O fornido telefotógrafo do Observatorio, Beenay 25, pasouse a punta da lingua polos seus beizos resecos e interveu.
- Agora, señor, despois de todo...
O director volveuse cara a el e arqueó unha branca cella.
- Non interfira, Beenay. Xa fixo bastante traendo este home aquí; creo nas súas boas intencións pero non tolerarei a menor insubordinación.
Theremon decidiu que chegara a hora de abrir a boca.
- Director Aton, se me permitise comezar o que quero dicirlle, creo que...
- Pois eu non creo, mozo - replicou Aton -, Nada de canto poida dicir servirá para mitigar o que foi aparecendo nos dous últimos meses na súa columna impresa. Levou vostede a cabo unha tenaz campaña xornalística contra os esforzos que eu e os meus colegas despregamos para preparar ao mundo contra a ameaza que, desgraciadamente, volveuse imposible impedir. Cubriuse vostede de gloria dirixindo ataques persoais contra a investigación e o persoal deste Observatorio co só obxecto de cubrirnos de ridículo.
Colleu dunha mesa un exemplar do Chronicle de Saro e despregouno furiosamente ante Theremon.
- Até unha persoa da súa moi coñecida impudicia dubidaría antes de virme cunha proposta que esa mesma persoa estivo utilizando como material de gaceta nunha columna de xornal.
Aton arroxou o xornal ao chan, dirixiuse á xanela e quedou alí coas mans unidas nas costas.
- Pode retirarse - dixo por encima do seu ombreiro. Elevou a mirada e contemplou a localización de Gamma, o máis brillante do seis soles do planeta. Amarelado, declinaba xa o seu curso sobre a liña do horizonte, e Aton sabía que nunca máis volvería velo con ollos tranquilos.
Entón volveuse.
- Non, agarde, veña aquí. - acenou perentoriamente -. Proporcionareille o que desexa.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.