5 de outubro de 2012

60 Anos dende que apareceu O Home Demolido, de Alfred Bester (e II)

O pasado domingo cumprironse vintecinco anos do falecemento de Alfred Bester.

Considerarei a aquel que me ensinou esta arte como a un dos meus pais. Compartirei con el o meu alimento e aliviareino nos seus coidados. Verei na súa proxenie aos meus irmáns, e ensinareilles esta arte por todos os medios. Adoptarei a profesión que máis beneficie á humanidade, dacordo coa miña crenza e xuízo, e evitarei o dano e o erro. Non darei a ninguén, aínda que así mo pidan, un pensamento daniño.


A lectura das mentes, calquera sexan estas, será realizada para beneficiar ao home, evitando o mal e a corrupción. Gardarei silencio sobre todo aquilo que vexa e escoite nas mentes e que non deba ser coñecido por outro, e considerareino un sagrado secreto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.