7 de novembro de 2012

Cinco horas con Mario

Escrita en 1966, trátase dunha das novelas máis coñecidas do vallisoletano Miguel Delibes, fenecido en 2010.

 A popularidade desta obra repousa na orixinalidade da forma máis que do contido, xa que todo consiste nun eslamiado diálogo-monólogo dunha aburrida muller co seu recén difunto marido. Ela repróchalle continuamente cousas  que non se atreveu facer en vida, co cal a medida que inxenuamente se vai descubrindo ante nós decatámonos tamén das súas carencias e sobre todo dun carácter fariseo moi pronunciado. E así que un pronto se enfastia de escoitala e se lle quitan as ganas de seguir lendo.

Tendo en conta que é ela a unica que fala, toda a novela convértese nun maruxeo aborrecible e repetitivo. Un acaba odiando moito a esta muller e un pouco a Miguel Delibes por non facela calar antes.

F.D.M.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.