16 de xaneiro de 2013

Bordados

   Banda deseñada publicada en 2003 pola iraní Marjane Satrapi, máis coñecida por escribires anteriormente a novela autobiográfica Persépolis, tamén mediante debuxos.

   O seu bisavó foi Ahmad Shah, último representante da dinastía Kayar, deposto en 1925 por Reza Pahlavi, pai do que sería o úlitmo Shah de Persia, asimesmo descoroado na revolución iraní de 1979, momento no cal sería proclamada a República. Esta revolución que alteraría tan profundamente os costumes dese país, foi vivida e sofrida por Marjane, de aí a importancia e valor da súa obra, a que se xuntan a súa gran sensibilidade, pensamento crítico e unha afinada sorna.

   Residente en París, é autora de tan só tres bandas deseñadas, publicadas en francés, sendo a terceira "Polo con ameixas", que data tamén do 2003, con edición castelán no 2005.

   En canto a Bordados, trátase dunha sobremesa de mulleres maruxas cuarentonas, e pra riba, contándose intimidades de todo tipo. É bastante graciosa a pesares de todo.

F.D.M.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.