3 de xaneiro de 2013

Fragmento de MAL DE MOITAS de Manuel García Barros.

—E logo, ¿que te trai por aquí, Maripepa?
—E xa osté ve, señor: cando unha lle vén por cas do médeco é de suponer que non lle vai moi ben.
—Pois ti mala cara nona tes.
—Eso me lle di tamén miña nai, pero, polo que vexo, a miña cara engaña, señor.
—E é lástima que a túa engañe, Maripepa, que de verdá que a tes bonita.
—¡Bueno! Véñaseme con lerias...
—A ver, logo, muller, a ver que che pasa.
—Pois pásame que...
¿Que?
—Que... ¡Non sei que me pasa!
—E para eso vés xunto de min, para que cho diga.
—¡Bo! Eu o que sei é que estou mal; vaia, que non estou ben.
—Eche a mesma conta estar mal que non estar ben. ¿E que tal comes?
—Moi pouco, señor: hai cousa dun mes que para min non lle hai cousa boa.
—¿Cousa dun mes, dixeches? Pero gana tela.
—Gana, téñoa, pero empezó a comer e todo me aburre.
—¡Todo  che  aburre!  E  en  cámbeo  paréceche  que comerías con gusto algunha cousa que non tes.
—¡Equilicual! E despois que hai momentos que sinto unhas penas ¡unhas angústeas!...
—Penas, angústeas... ¡Boa señal!
—¿Señal de que, señor?
—De que estás mala, muller, de que estás mala.
—¡Ai, Dios mío! ¿E non sanarei?
—¡Has de sanar, muller, has! ¡Dios diante! Soilo que, hai que ter paciencia, que xa sabes ti que os males venen logo e poden non marchar tan axiña.
—¡Ai, Dios mío, que terei eu!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.