25 de xaneiro de 2013

Inicio de A CASA DO XUÍZ, de Bram Stoker

Próxima a época de exames, Malcolm Malcolmson decidiu ir a algún lugar solitario onde poder estudar sen ser interrompido. Temía as praias polo seu atractivo, e tamén desconfiaba do illamento rural, pois coñecía desde facía moito tempo os seus encantos. O que buscaba era unha aldeíña sen pretensións onde nada lle distraese do estudo. Refreou os seus desexos de pedir consello a algún amigo, pois pensou que cada un lle recomendaría un sitio xa coñecido onde, indubidablemente, tería amigos. Malcolmson desexaba evitar as amizades, e aínda tiña menos desexos de establecer contacto cos amigos dos amigos.
Así que decidiu buscar en por si o lugar. Fixo a súa equipaxe, tan só unha maleta cun pouco de roupa e todos os libros que necesitaba, e comprou un billete para o primeiro nome descoñecido que viu nos itinerarios dos trens de proximidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.