20 de marzo de 2013

Lonxitude

   A verdadeira historia dun heroe solitario que resolveu o problema máis importante do seu tempo, escrita en 1995 por Dava Sobel, nacida en New York en 1947.

   O heroe do que falamos foi o inglés John Harrison (1693-1776), o problema, dar cun método eficaz para achar a lonxitude no medio do oceano. Dito método sería o cronómetro, que se ben el non o inventou, conseguiu que non se atrasase moito. A motivación era a reducción de naufraxios no mar e un premio de 20.000 libras.

   O libro relata as vicisitudes polas que tivo que pasar o bo de John para reclamalo, pois os xuices da proba, que eran a maioría astónomos, estaban á vez loitando por el a través dun método ben distinto, a distancia luar.

   Medindo as distacias de certas estrelas á Lúa e comparándoas coas que tiñan desde Greenwich nese momento, podíase establecer a lonxitude que distaba ata aló.

   Se ben eficaz, era un método engorroso que necesitaba de longos cálculos previos e dunha atmósfera clara, amais de anos previos obsevando e catalogando as posicións das estrelas e da Lúa para elaborar o almanaque.

   Esperando esperando, o carpinteiro John chegou a facer cinco reloxos marinos, o primeiro en 1735, e o quinto en 1770. Nunca lle concederon o premio pero en 1773, tres anos antes da súa morte, o rei George III de Inglaterra entrégalle 8750 libras coma unha deferencia polos seus esforzos.

   En 1815 o censo de reloxos marinos era de 5000 e seguiu en ascenso ata o día de hoxe.


F.D.M.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.