30 de xullo de 2013

Inicio de SÍNTOTE CHEGAR, de Salvador García-Bodaño

Síntote chegar pregoeira de ledicia
ata a soidade das miñas tardes
anguriosamente idénticas
no silencio mesto en que te agardo.

Síntote chegar, muller aínda recente,
dende o máis secreto dos teus peitos brancos
a esta fondura do meu ser deshabitado
onde é posíbel que ande a soar
algún canto antigo para o teu nome.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.