9 de agosto de 2013

Inicio de LUZ ESTELAR

Arthur Trent ouviu claramente as palabras que cuspía o receptor. 
- Trent! Non podes escapar. Interceptaremos a túa órbita nun par de horas. Se tentas resistir, farémosche pedazos. 
Trent sorriu e gardou silencio. Non tiña armas nin necesidade de loitar. En menos dun par de horas a nave daría o salto ao hiperespacio e xamais o acharían. levaría un quilogramo de krilio, suficiente para construír cerebros de miles de robots, por un valor de dez millóns de créditos en calquera mundo da galaxia, e sen preguntas. O vello Brennmeyer planeárao todo. Estivérao planeando durante máis de trinta anos. Era o traballo de toda a súa vida. 
- É a fuxida,mociño -dixéralle-. Por iso necesíto. Ti podes pilotar unha nave e levala ao espazo. Eu non. 
- Levala ao espazo non servirá de nada, señor Brennmeyer. Capturarannos no medio día. 
- Non nos capturarán se damos o salto. Non nos capturarán se cruzamos o hiperespacio e aparecemos a varios anos luz de distancia. 
- Levaríanos medio día planear o salto, e aínda que o fixésemos a tempo a policía alertaría a todos os sistemas estelares. 
- Non, Trent, non. -O vello colleulle a man con trémula excitación-. Non a todos os sistemas estelares, só aos que están nas inmediacións. A galaxia é vasta e os colonos do últimos cincuenta mil anos perderon contacto. 
Describiu a situación nun ton de voz ansioso. A galaxia era xa como a superficie do planeta orixinal -a Terra, chamábano nos tempos prehistóricos-. O ser humano espareceraxe por todos os continentes, pero cada un dos grupos só coñecía a zona veciña.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.