28 de agosto de 2013

Óscar Wilde - Simón o Cirineo

Oscar Wilde 
Simón o Cirineo 

Baixa a cabeza e os lombos pacientes, o ancián continuaba sentado sobre o escabel, ensordecidos os oidos pola fútiles recriminacións da súa esposa. Sen tregua, a enfadada comadre gruñía unha e outra vez os mesmos reproches: 
- Vello idiota!, por que perdiches o tempo en ir papando moscas polo camiño? O teu pai e o pai do teu pai, e todos os que foron antes deles, gardas foron da porta do Templo. Se che deches máis présa cando mandáronche a buscar, seguro que ti tamén serías nomeado garda da porta do Templo. Pero como tardabas, elixiron a outro máis diligente que ti. Ah, vello estúpido!, por que che demoraches? Que necesidade tenias, realmente, de levar a cruz dese mozo carpinteiro, sedicioso e criminal? 
- É certo - recoñeceu o ancián -; cruceime no camiño co mozo que ían a crucificar, e o centurión me pediu axuda para levar a cruz. E unha vez que a subín até a cima do monte, demoreime, confésoo, por mor das palabras que profería aquel mozo. Derrengado de dor ía; pero o curioso é que non se doía de si mesmo, e as súas palabras estrañas fixéronme esquecer todo o resto. 
- Ben dis que esqueciches todo o resto ; mesmo o pouco sentido común que tiveches nunca. Até o punto de chegar demasiado tarde para ser nomeado garda da porta do Templo. Non tes vergoña pensar que o teu pai e o pai do teu pai, e todos os que foron antes deles, foron gardas da porta da Mansión do señor, e que os seus nomes se achan gravados en letras de ouro e perpetuados polos séculos dos séculos na memoria dos homes? En cambio ti, vello mentecato, serás o único da túa liñaxe que caerá no esquecemento, pois, quen, unha vez morreses, ouvirá xamais falar de Simón o Cirineo?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.