25 de setembro de 2013

MARIO VARGAS LLOSA - MILAGRES NO SÉCULO XX, O FIN DA AVENTURA DE GRAHAM GREENE

A Graham Greene irritáballe excesivamente que o chamasen "un escritor católico", e no segundo volume da súa elusiva autobiografía, Ways of Escape, explicou que non era "a Catholic writer but a writer who happens to be a Catholic". Con todo, o certo é que as tres mellores novelas da súa vasta obra, The Power and the Glory, The Heart of the Matter e The End of the Affaire, nas que se achegou máis á obra mestra que nunca chegou a escribir, viran en torno da relixión, do problema da fe, e, máis concretamente, do drama que significa ser católico no mundo moderno.
    
Onde con máis audacia desenvolveu este tema foi no fin da aventura (1951), co arrinqueque é un dos mellores con que empezase xamais unha novela ("Unha historia non ten principio nin fin..."), comparable ás máis feiticeiras frases inaugurais dunha historia (como "Nun lugar da Mancha" ou "Digamos que me chamo Ismael"), que inmediatamente subxugan ao lector e instálano nun clima psicolóxico que a continuación do relato irá espesando. 

Foi a primeira ficción que Greene narrou en primeira persoa, di que por influencia de Great Expectations de Dickens, que estaba a ler en decembro de 1948, no Hotel Palma de Capri, ao empezar a escribir esta historia.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.