11 de outubro de 2013

Inicio de DATOS DISPOÑIBLES ACERCA DA REACCIÓN WORP

DATOS DISPOÑIBLES ACERCA DA REACCIÓN WORP
Lion Miller

Os primeiros datos confirmados sobre Aldous Worp, indican que, si ben aparentemente normal na maioría de aspectos físicos, estaba considerado por veciños, compañeiros de xogo e familiares como un idiota incurable. Sabemos tamén que era un neno tranquilo e de hábitos afectadamente sedentarios. O único son que se lle ouvía proferir algunha vez era un agudo monosílabo, moi semellante á expresión «Huy!»; isto sucedía unicamente ao ser chamado para as comidas ou, con menos frecuencia, ao ser espertado o seu enigmático interese por un estímulo externo, tal como unha pedriña de forma rara, un pau, ou un dos seus propios nudillos.
Este neno súbitamente abandonou a súa inactividade habitual. Pouco despois do seu sexto aniversario - esta estimación de tempo é só aproximada, por desgraza -, Aldous Worp empezou unha serie de excursións exploratorias ao vertedoiro da cidade, localizado na parte traseira das propiedades dos Worp.
Despois dunhas cuantas viaxes, o mozo regresou unha tarde ao seu fogar arrastrando unha gran roda dentada. Tras unha ardua meditación, ocultou dita roda dentro dun galiñeiro baleiro.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.