12 de decembro de 2013

Aforismos de Leonardo

131.- Daquela o punto é o primeiro principio da xeometría, e non hai nada na natureza nin na mente humana que poida dar principio ao momento. Porque se dixeras que no contacto establecido sobre unha superficie pola agudeza última da punta dun punzón áchase a creación do punto, isto non sería verdade, senón que diriamos que tal contacto é unha superficie que circunda un centro, e que nese centro reside o punto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.