6 de xaneiro de 2014

LONGA NOITE DE PEDRA de Celso Emilio Ferreiro

Un 6 de xaneiro de 1912 nacia Celso Emilio Ferreiro.

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.