27 de febreiro de 2014

Aforismos de Leonardo

140.- Se ti dis que as ciencias recoñecidas verdadeiras son de especie mecánica, por canto non poden levar a fin doutro xeito que manualmente, eu direi o mesmo de todas as artes que aplica o escultor, as cales son da especie do debuxo, que é só unha parte da pintura; pero tamén a astronomía e outras ciencias pasan polas operacións manuais, aínda que empezan por ser mentais, como o é a pintura, a cal reside primeiro na mente do artista, pero non pode chegar á súa perfección sen a operación manual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.