María Victoria Moreno, nada en 1941 en Valencia de Alcántara (Cáceres) e finada en Pontevedra no 2005, foi unha mestra e escritora.
A vila grande, que vista desde lonxe parecía estar feita dun clareiro poeirento, foise achegando a nós en urbanizacións luxosas, onde as árbores e as luces salientaban o xeito de vivir da xente rica. Iamos deixando detrás nosa piscinas, campos de tenis, restaurantes e salas de festas.
—Non penses —díxome ela— que tódolos accesos a Madrid son coma este. O de Andalucía, por exemplo, é de chorar.
Agora non corriamos. Sen saír do carril do medio, adiantando ós vehículos que ían á dereita e deixándo-nos adiantar polos que ían á esquerda, aboiabamos na caravana de coches que entraban en Madrid, nese río no que o meu degoiro xa non podía navegar a contracorrente.
—Hai tempo —relembrou ela—, cando eu estudiaba, esta zona era moi fermosa. Non había tanto tránsito, chegaban os aires limpos do Guadarrama e este cacho de autoestrada, que xa estaba feito daquela, tiña polo medio unha sebe de ameixeiras xaponesas...
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.