28 de febreiro de 2014

Fragmento de Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza

Fragmento de Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza, nado en Lalín o 28 de febreiro de 1957.

O HOME DO SACO

Xa pasaron máis de cincuenta anos desde que sucederon os feitos que quero relatar. Creo que lembro cada detalle como se fose cousa de hai uns días, pero de tanto me repetiren, e sobre todo de tanto me repetir eu mesmo que todo fora simple producto da miña fantasía infantil, acabei por dubidar e aceptei, para tranquilidade da miña conciencia, que aqueles sucesos pertencían ó mundo dos soños, onde non hai inocentes nin culpables.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario