17 de febreiro de 2014

Inicio de DECEMBRO DE 2001

A mañá verde.

Cando o sol baixou, o home anicouse xunto ao carreiro e preparou unha cea frugal e escoitou o crepitar das lapas mentres levaba a comida á boca e masticaba con aire pensativo. Fora un día non moi distinto doutros trinta, con moitos foxos coidadosamente cavados nas horas da alba, sementes botadas nos foxos, e auga traída das brillantes canles. Agora, cun cansazo de ferro no corpo delgado, xacía de costas e observaba como a cor do ceo pasaba dunha escuridade a outra. 

Chamábase Benjamin Driscoll, tiña trinta e uns anos, e quería que Marte crecese verde e alto con árbores e follaxes, producindo aire, moito aire, aire que aumentaría en cada tempada. As árbores refrescarían as cidades abrasadas polo verán, as árbores pararían os ventos do inverno. Unha árbore podía facer moitas cousas: dar cor, dar sombra, froita, ou converterse en paraíso para os nenos; un universo aéreo de escalas e randeeiras, unha arquitectura de alimento e de pracer, iso era unha árbore. Pero as árbores, ante todo, destilaban un aire xeado para os pulmóns e un gentil rumoreo para os oídos, cando un está deitado de noite en leitos de neve e o son convida dulcemente a durmir.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.