30 de marzo de 2014

Inicio de A SEMENTE PRAGMÁTICA

A SEMENTE PRAGMÁTICA
Howard Fast

A semente foi levada polo espazo fai catro, cinco, seis billóns de anos. Entón a semente non era máis que unha semente, non tiña coñecemento de si. Era impulsada polos ventos electrónicos e magnéticos do universo, e para ela non existían nin o tempo nin o espazo Todo era azar, e a semente non tiña idea de que quería nin cal era o seu último destino. Movíase a través dun espazo estrelado, incrible, pero tamén por un espazo baleiro, porque entón as estrelas e as galaxias eran só pequenos focos de iluminación no infinito.

O profesor e o sacerdote eran vellos e bos amigos, e por iso as súas charlas eran tranquilas e sen moitas discusións. Un ensinaba física e o outro relixión. Os dous tiñan cincuenta e tantos anos, deixaran atrás a maioría das paixóns, e atopaban deleite nas cousas simples. Ese día de outono reuníronse despois da cea e empezaron a pasear polo parque da universidade. Era unha tarde fermosa e fresca de outubro. Comeran cedo, e quedaba unha hora de luz. Os grandes arces e os carballos lucíanse en marabillosos tons herrumbre e ámbar. Era unha tarde apropiada para que se renovase a fe en Deus, como fixo notar o sacerdote.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.