5 de abril de 2014

Fragmento de Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo.

Francisco Xabier Puente Docampo naceu en Rábade o 5 de abril de 1946, mestre, escritor, contacontos e actor de teatro.

A min as historias que máis me gustan son as que naceron para seren contadas oralmente; aquelas nas que a súa esencia é a de se converteren no aire e no son que sae da boca dunha muller ou dun home que conta un conto. Por iso nestas hai moito de recordo e de homenaxe a meu pai que era un gran contador de historias.
Desa maneira oral recibín tantas, que teño a alma chea delas. Historias que me contaron e alí aniñaron. Historias que coma estas que hoxe poño aquí, fixéronme ir para a cama moitas noites con medo, e alí pelexaba por permanecer cos ollos abertos para notar como o luar aliviaba a escuridade do cuarto; aquela luciña escorrentaba o medo, e desa maneira eu era o dono do territorio que ocupaba. O segredo estaba en non me deixar levar a aqueloutro no que habitaban os monstros.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.