3 de xuño de 2014

Fragmento de O Corazón portugués

Fragmento de O Corazón portugués, de Ramón Loureiro, nado en Fene o 3 de xuño de 1965

A ESCURIDADE

Nos primeiros días de morto, o Morgado desesperábase. Coidaba que non ía poder ler, porque aínda non sabía pasa-las follas dos libros coas mans de aire. Foi a pantasma de Lupo o Roxo, que atopou as súas páxinas preferidas no Sobremundo —no Alén se afeccionou ós cómics, en especial ós de Uderzo, Milo Manara e Hergé—, quen lle aprendeu a meterse polo medio delas. Pero iso require certa habelencia, e non só por ter que andar no pouco sitio que queda entre unha folla e outra, que para as sombras do tempo ido tampouco é caso de tanta complicación en canto collen práctica, senón pola falta de luz. Aínda que a xente, cando é traballadora, afaise a todo.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.